![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2016) |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
A etapa de potencia ou amplificador de potencia é o/a encargada de subministrarlle a potencia aos altofalantes ao ritmo do sinal de entrada. Os altofalantes transforman a potencia eléctrica en potencia acústica. Fálase de etapa de potencia ou amplificador de potencia no ámbito do son profesional, en cambio fóra deste fálase de amplificador soamente. Un amplificador doméstico e unha etapa de potencia teñen como principal tarefa a mesma: amplificar o sinal, aínda que teñen tamén diferenzas importantes.
O sinal eléctrico á saída da etapa de potencia ten igual forma de onda que na entrada, mais varían as magnitudes. En lugar de tensións de decenas de milivoltios (mV), alimenta os altofalantes con tensións de decenas de voltios (V) e correntes de varios amperios (A). O sinal de liña que entra ao amplificador mídese en miliwatios, é dicir, ten unha potencia máis de 1 000 veces maior que a que terá na saída. O produto da voltaxe pola intensidade de corrente[Ligazón morta], é a potencia (P) en watios (W) I x V = P. Toda a tensión e corrente que se empregará en mover os altofalantes, sae da fonte de alimentación interna que á súa vez a toma da rede eléctrica xeral.
A principal característica que define a unha etapa de potencia é a potencia que pode entregar á saída, que é maior que a que pode entregar un amplificador doméstico. Polo contrario, a calidade ou fidelidade do son que pode dar unha etapa profesional, é menor que a que dá un amplificador doméstico Hi-Fi. As etapas de potencia non teñen certos elementos típicos dos amplificadores como por exemplo os previos, selector de previos ou controis de ton. A típica etapa de potencia terá unha tecla de acendido, un par de controis de nivel por ser estéreo e algún dispositivo que indique o estado de traballo instantáneo: ben leds (luces) ou ben medidores de agulla (un por canal).